venres, 6 de novembro de 2020

VENRES 6 DE NOVEMBRO DO 2020

Holaaa!!! Bos días a todos e todas.

Hoxe comezamos o día na aula realizando o exame do tema 3 de Galego.


Pola tarde, e para rematar a semana co noso proxecto Roteiro Termal, fixemos a manualidade en Educación Artística da maqueta da aira de Puxedo (Lobios) e a explicación do ciclo do pan, xa que os grafitis que decoran ese podo versan sobre a temática do ciclo do pan.

Deixámosvos unhas imaxes de como traballamos!!!

 




 







Agora na próxima semana realizaremos un vídeo coa técnica de Chroma de Ios para dar a coñecer o primeiro concello que visitamos no noso Roteiro Termal, Lobios.

 

Tamén vós deixamos o enlace para comezar a investigar a seguinte parada da nosa viaxe, Bande.

https://www.symbaloo.com/embed/paradabande

Por último recordarvos que o luns temos exame do tema 3 de Castelán.


Boa fin de semana!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario