mércores, 24 de marzo de 2021

MÉRCORES 24 DE MARZO DO 2021

 Ola bos días. Empezamos a maña!!


Castellano:

3º. Continuamos trabajando el posesivo. Página 153: 4, 5, 6.


4º. Realizamos la prueba de evaluación de la unidad 10.


Na sesión de Galego baixamos ao EcoHorto do Xurés para realizar a plantación das leitugas do noso bancal. A idea é que as coidemos e as comamos no comedor escolar, xa vos ensinaremos como van crecendo. Cada alumno da aula apadriña unhas leitugas para responsabilizarse no seu coidado e observar o porceso de crecemento da súa leituga. Vamos a porlle fotos as leitugas que apadriña cada alumno/a para identificalas con maior facilidade.








SOCIAIS: 

Empezamos tema novo sobre a organización do territorio. Hoxe vimos as comunidades autónomas de España, escribímolas nun mapa e o pintamos para delimitar o territorio de cada comunidade. 

Deberes para o próximo día: estudar o mapa das comunidades autónomas.

Hai alumnos que levan máis de 15 días sen traer os exames firmados da casa. Rogo que os traigan canto antes.


INGLÉS: continuamos traballando o vocabulario relacionado con Easter. Para repasalo, practicamos con dous xogos interactivos. Despois, acabamos de completar o minibook que comezaramos onte e xogamos unha partida ao bingo.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario