Ola bos días.
Empezamos o día.
Galego:
3º Traballamos palabras con V. Páxina 154: 1, 2. Páxina 155: 4, 5.
4º Traballamos o pronome persoal. Páxina 141: 2, 3, 5.
Matemáticas:
3º Trabajamos los números decimales a través de las monedas. Página 153: 1, 2.
4º Trabajamos las unidades de masa (decigramo, centigramo miligramo - decagramo, hectogramo y kilogramo). Página 160: 1, 2, 3. Página 161: 1, 2.
Castellano:
Fumos ao EcoHorto coidar as nosas leitugas e a arrancar as herbas malas que hai polo horto. Pero antes leemos ao aire libre para realizar a hora de ler.
Temos que disfrutar e aproveitar destes días de sol despois de estar todo o inverno baixo a choiva.
Ciencias da natureza: estivemos estudando os artrópodos, as súas características e os grupos nos que se dividen. Despois de ler sobre os crustáceos, miriápodos e arácnidos, acabamos de completar o esquema que comezaramos o martes. De deberes, tocaranos estudar os artrópodos.
3º. Libreta e páxinas 70 e 71 do libro.
4º. Libreta e páxinas 76 e 77 do libro.
Inglés: seguimos traballando a festividade de easter. Desta volta, logo de repasar o vocabulario, recortamos e decoramos unha tarxetiña do easter bunny. Logo, describímolo, dicindo as súas cores e as súas partes do corpo.
Aquí vos deixo a sopa de letras por se queredes botar unha partidiña na casa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario